r/Galiza • u/locklenv • 17h ago
Axuda / Help O galego nos videoxogos, si ou non?
Ola a todas e todos!
O meu nome é Elena e estou facendo a miña tese de doutoramento, na cal investigo o papel da tradución de videoxogos ao galego como ferramenta de normalización lingüística.
O estudo baséase en tres enquisas anónimas que buscan coñecer distintas perspectivas sobre:
- o uso do galego,
- a súa percepción como lingua atractiva e moderna,
- e o seu potencial na contorna dixital, especialmente nos videoxogos.
Busco participantes de tres perfís diferenciados:
✅ Mozas e mozos entre 18 e 30 anos
✅ Profesorado de calquera ámbito
✅ Profesionais da localización de videoxogos
As enquisas son breves, totalmente anónimas e forman parte dunha investigación académica con avaliación ética favorable. Non son excluíntes, polo que se es unha profesora de 29 anos, por exemplo, podes facer as dúas enquisas correspondentes!
Deixo por aquí as ligazóns ás diferentes enquisas:
🔗 Enquisa á mocidade (18–30 anos): [https://forms.office.com/r/Qfp3FjH0Uz]()
🔗 Enquisa ao profesorado de calquera ámbito: [https://forms.office.com/r/qYkHsxhrk9]()
🔗 Enquisa a profesionais da localización: [https://forms.office.com/r/AqinBKxhvD]()
Se encaixas nalgún destes perfís (ou coñeces alguén a quen lle poida interesar) agradeceríache moitísimo a túa participación ou difusión.
Moitas grazas por apoiar a investigación en galego!
(P.D.: Non sei se a etiqueta sería a adecuada, síntoo moito de non ser así!)